AEROBIC VINTAGE X TODA FRÁGIL PRESENTAN "REINA VIVI"

AEROBIC VINTAGE X TODA FRÁGIL PRESENTAN "REINA VIVI"

Embrace your uniqueness—it’s meant to shine

Aerobic Vintage e Toda Frágil únense nos seus universos creativos para dar vida a "REINA VIVI", unha colección cápsula que reinterpreta o imaxinario da Virxe de Guadalupe a través dunha fusión de moda vintage e deseño en vidro artesanal.

Aerobic Vintage chega a súa paixón pola moda recuperada dos anos 80 e 90, pezas cheas de cor, eclecticismo e maxia. Pola súa banda, Toda Frágil introduce a súa experiencia en vidro wearable, combinando deseño propio e técnicas de vidro traballadas cun enfoque atrevido, divertido e cheo de cor.

Esta colección está composta por camisetas traídas dende México, impregnadas co espírito pop da Virxe de Guadalupe. Cada peza é unha obra de arte, chea de superposicións, purpurina, relevos e mensaxes vibrantes. Para completar este universo, tres colares foron deseñados a partir de elementos icónicos da tradición mexicana, combinando o celestial co barroco e o brillo coa cultura.

Inspirados na iconografía da Virxe e nos adornos de hojalata e vidro de Tlalpujahua de Rayón, Michoacán, cada peza fusiona artesanía e experimentación:

A Flor: Un tributo ás flores que rodean á Virxe. Realizada cunha técnica de escultura soplada, superposicións de cores, interior espexeado en prata para un efecto metalizado e incrustacións de cristais Swarovski.

 

O Milagrito: Símbolo do amor e a protección da Virxe. Corazón esculpido en vidro vermello con acabados vaporizados en ouro e ouro rosa.

 

A Pomba: Representa o espírito acompañante da Virxe. Elaborada en vidro branco "Milky" con incrustacións de vidros de cores triturados e degradado vaporizado en ouro rosa.

"REINA VIVI" non é só unha colección; é un manifesto de identidade e expresión sen límites. Cada peza trasciende a súa función estética para converterse nunha declaración de individualidade e creatividade.

Presentamos esta edición limitada de 10 sets exclusivos na galería Te Quiero Mucho de Barcelona, un espazo onde o arte, a moda e a cultura se atopan para celebrar o irrepetible.

Fotografías de Sergi Gil 

Modelos: AnaAriRaquel Silvalonga