Arte en cristal. Deseños propios con técnicas de soprado. Pezas divertidas e cheas de cor.

Querooooo

Workshops

Querooooo

SOBRE MIN

Ola, amigas! Son Sil e douche a benvida a Toda Frágil: un espazo máxico onde podes adornarte como reflexo de quen es: a túa creatividade, a túa personalidade e ese brillo único que levas dentro.

Cada xoia fágoa por encargo no meu obradoiro, con moito mimo, só para ti. Aquí non hai dúas pezas iguais.

Grazas por estar aquí. Que cada xoia che lembre o marabillosa que es.🌸💎

FAQs

  • Aquí podes ver a nosa Guía de Tallas

    LEE ISTO ANTES DE ELIXIR A TÚA TALLA 💍

    A talla dos teus dedos cambia: a calor, o frío e incluso a hora do día poden facer que a túa talla varíe un pouquiño. No verán, os dedos hinchan; no inverno, achéganse.

    Como os dedos cambian, podes mover a túa Toda Frágil a outro dedo se algunha vez o precisas.

    Entre dúas tallas… elixe a máis grande. É mellor que quede un pouco solta a que aperte demasiado.

    As túas mans non son xemelgas: un mesmo dedo pode ter unha talla diferente en cada man. Mide sempre o que levará a túa Toda Frágil.

    Aínda con dúbidas? Escríbenos por DM ou a holaamiga@todafragil.com

    Estamos aquí para axudarche a atopar o axuste perfecto!

  • España (Península e Baleares): realizamos os envíos con Correos por 6€.

    Europa: tamén confiamos en Correos para levar as nosas pezas contigo, esteas onde esteas no continente, por 15,70€.

    🕊️ Incidencias

    Se o teu pedido se retrasa, pérdese ou xorde calquera outra situación inesperada, escríbenos a holaamiga@todafragil.com. Estaremos encantadas de poder axudarche.

    Por favor, ten en conta que, por motivos loxísticos, non podemos tramitar reclamacións por perda se pasou máis dun mes desde a data de envío.

    📦 Devolucións por destinatario ausente ou dirección incorrecta

    Se o paquete regresa porque non puido ser entregado —xa sexa por ausencia ou por erro na dirección—, os gastos de devolución descontaranse do reembolso total do pedido.

    Aconsellámosche revisar ben os teus datos antes de confirmar o pedido, para que as nosas pezas poidan atopar o seu fogar sen contratempos.

    🌍 Envíos Europa

    Toda Frágil non se fai responsable de posibles gastos de aduanas, aranceis ou outras xestións segundo a normativa do país de destino. Recomendámosche consultalo previamente se tes dúbidas.

  • 💌 Devolucións
    Sabemos que cada Toda Frágil é única, e facémola pensando en ti. Por iso, para manter prezos xustos e coidar o noso proxecto independente, non aceptamos devolucións polo momento.

    💍 Cambios de talla
    ¿O teu anel non che quedou como esperabas? Tranquila 💘
    Podes cambiar a talla nos 2-3 días seguintes á recepción do teu pedido.
    IMPORTANTE ☄️ Os gastos de envío van por conta túa, así que é moi importante asegurarte ben da túa talla.

    Escríbenos a holaamiga@todafragil.com co teu número de pedido, engade unha foto ou vídeo de como che queda e dinos se xa sabes se necesitas subir ou baixar unha talla. Responderémosche axiña para ver se podemos organizar o cambio.

    🫧 Danos ou erros
    Se o teu pedido chegou cun problema, defectuoso ou non era o que pediras, escríbenos canto antes. Revisaremos o caso con moito amor e faremos todo o posible para arranxalo ✨

  • Lembra que cada peza de Toda Frágil está feita a man en vidro, o que a fai tan delicada como especial. Lévaa con agarimo e consciencia: é un pequeno tesouro que, co coidado axeitado, pode acompañarte durante moitos anos.
    Estes consellos están especialmente pensados para os aneis, que son os máis propensos a romperse.

    ❤️ COIDADOS RECOMENDADOS:

    🧺 Gárdaa con mimo. O seu lugar favorito é a súa boliña, onde está protexida de golpes e caídas inesperadas.
    Mantena limpa. Límpaa suavemente cun pano de algodón, auga morna ou un pouco de limpa-cristais. Brillará sen afectar a súa cor nin transparencia.
    ⚠️ Importante: se a túa peza é soprada e oca, ten en conta que leva un pequeno burato para “respirar”. Evita que entre auga, xa que podería quedar dentro e afectar o seu brillo ou integridade.
    💧 Quítacha para lavar as mans e pódea de novo cando estean secas. Coas mans molladas pode esvarar.
    🙅‍♀️ Gárdaa cando non a uses. Se vas facer moito movemento ou tarefas coas mans, é mellor deixala repousar na súa caixiña.
    🌟 Coida a túa enerxía. O vidro é un material vivo e reflicte as túas vibes. Se tes un mal día, quizais sexa mellor non poñela.

    🚫 COUSAS A EVITAR:

    🚿 Non a deixes caer, por favor. Evita baños, lavabos e chans duros: son trampas perigosas para as pezas de vidro.
    💥 Evita golpes bruscos. Aplaudir, bater cos aneis, golpear as mans contra a mesa ou superficies duras… protéxea.
    🔥 Nada de calor extremo. Os cambios bruscos de temperatura poden danar o vidro.
    🛠️ Non a uses como anel todoterreo. Aínda que é fermosa, non está feita para resistir a todo.

    🌈 Lembra que, ao ser vidro, hai moitas situacións que escapan ao meu control. Coídaa con todo o amor.

  • Ups… rompeuse a túa Toda Frágil.

    Non pasa nada — os accidentes tamén forman parte da viaxe de cada peza. Se a túa Toda Frágil tivo unha caída, escríbenos! Ás veces podemos darlle unha segunda oportunidade.

    💌 Envíanos unha foto e un vídeo por correo a holaamiga@todafragil.com ou por DM en Instagram, e veremos se podemos facer un pouco de maxia.

    Por agora, só reparamos aneis.

    Se a túa Toda Frágil ten arranxo, enviarémosche un orzamento para a reparación. Facémolo con moito coidado e paciencia, porque cada peza renace ao seu xeito.

    ✨ Prometemos facer todo o posible para que volva brillar.

    IMPORTANTE☄️ Terás que asumir os gastos de envío desde a túa casa ata o noso obradoiro.
    As pezas sopradas son máis difíciles de reparar, polo que pode ser máis complicado que volvan brillar.

  • Estás preparando unha editorial de soño, unha rodaxe especial ou buscando o toque final para un evento?

    Completa o teu universo visual coas pezas de Toda Frágil.

    Seleccionamos con moito coidado os proxectos cos que colaboramos, buscando sempre que haxa maxia compartida.

    💌 Gustaríache contar con nós?

    Escríbenos a holaamiga@todafragil.com cos detalles: datas, equipo, moodboard… e todo o que nos axude a imaxinalo contigo!

    Estamos desexando saber máis ❤️

  • Soñas cunha peza creada só para ti?
    Con Toda para ti, ti escolles as cores, o tamaño e a enerxía que queres que teña… e eu encárgome do resto.

    Cada xoia moldéoa a man, co estilo único de Toda Frágil.
    Sen réplicas, sen bosquexos por encargo. Só unha creación orixinal — coa túa esencia e o meu corazón.

    Os pedidos personalizados teñen un prezo maior, xa que requiren máis comunicación e deseño.

    🌈 Como funciona?
    Escríbeme a holaamiga@todafragil.com contándome para que queres a peza, que che inspira ou que soñas.
    A partir de aí, seguimos falando por correo ou videollamada, o que che vaia mellor, e pechamos un orzamento.
    Unha vez aceptado, faise un adianto do 50 % do prezo acordado.
    Despois, creo unha peza que se sinta como ti, sen perder a maxia que fai que Toda Frágil sexa Toda Frágil.

  • Es unha marca de moda, unha concept store, unha pastelaría, unha cafetaría, un artista ou tes un proxecto no que crees que unha peza única de cristal podería facer maxia? Entón, estamos feitas para colaborar! ✨

    Se tes unha idea loca, creativa ou única que encaixe co mundo de Toda Frágil, escríbeme! Xuntas podemos crear algo totalmente especial, porque cada peza que deseño é, ao fin e ao cabo, un pequeno anaco de maxia feita a man.

    💌 Escríbeme a: holaamiga@todafragil.com
    Cóntame todo o que tes en mente: Que pezas che gustan? Que vibes tes? Como che gustaría que o cristal nos unira? Teño moitas ganas de escoitar as túas ideas e facelas realidade!

    Algunhas das miñas colaboracións anteriores inclúen marcas de moda, proxectos artísticos, eventos e ata tartas (¡si, tartas!). Aquí non hai límites para a creatividade!