ANEL ÚLTIMA MACELA
Un anel flor para as amigas que precisan ter sempre preto un anaquiño de campo verde. Macela é unha mini flor de vidro inspirada nesas flores delicadas que resisten cando o inverno non apaga o campo, só baixa a luz. Como unha macela atrapada en vidro para levala na man 🌼
Cada anel está creado en vidro de borosilicato macizo, traballado artesanalmente coa técnica do flamework: modelando a flor ao lume, pétalo a pétalo, até darlle a súa forma final. Por iso non hai dúas Macelas iguais, do mesmo xeito que non hai dous días iguais baixo as nubes de Galicia.
Unha peza pequeniña, luminosa e resistente, pensada para acompañarte cada día e lembrarche que, mesmo cando o ceo está gris, a terra segue a respirar amodiño baixo as nubes 🌧🍃✨
Ei, Amigha! 🌟
Coida a túa xoia como un tesouro: evita os golpes bruscos e límpaa con coidado cunha toalliña suave. Así brillará sempre!✨
