Anel COSMIC STARFISH
¡Unha xoia directamente dende o fondo do mar do futuro (ou non tan futuro)! 🌊🪐
Os aneles Cosmic Starfish están feitos cun vidro opalescente smooth que reflexa tons brancos, azuis, magentas e dourados segundo como lles dea a luz... ¡como se levases unha galaxia no dedo! 💫
Inspirados nas estrelas de mar, nas vibras Y2K e cun toque de maxia alieníxena 💖
Son pura fantasía, edición limitada para este verán e eu non podo deixar de miralos. 💘
Detalles:
Vidro Borosilicato opalescente
Edición limitada
Cada peza é única debido á variación dos tons segundo a luz
Feito a man en Barcelona, co corazón na Galiza
Ei, Amigha! 🌟
Coida a túa xoia como un tesouro: evita os golpes bruscos e límpaa con coidado cunha toalliña suave. Así brillará sempre!✨