CADEA
Esta Cadea de cristal conta con 32 pezas, cada unha traballada a man de forma individual. 💕
Perfecta para engadir ese bling bling ✨✨✨ sen necesidade de aneis nin pendentes.
E o máis chulo de todo: o peche de gancho permíteche axustar a cadea á altura e forma que máis che guste. ¡Encántanos a versatilidade! 🥰
Detalles:
Vidro de Borosilicato
Peche en S de vidro
Lonxitude entre 52 e 55 cm
Feito a man en Barcelona, co corazón na Galiza
Ei, Amigha! 🌟
Coida a túa xoia como un tesouro: evita os golpes bruscos e límpaa con coidado cunha toalliña suave. Así brillará sempre!✨