Culleriña Máxica de Cristal
Unha culleritiña máxica para remover desexos, non só cafés.
Cada Culler Máxica está feita a man, unha a unha, en cristal de borosilicato coa técnica de flamework: lume, calma e moita fantasía. Combinamos vidros de cor especiais con vidro transparente para que semelle unha pequena variña de cristal que vive na túa cociña.
Perfecta para o teu café, matcha, doces ou para poñerlle un pequeno ritual a calquera momento doce do día.
Detalles técnicos
- Material: cristal de borosilicato
- Técnica: flamework, peza feita a man
- Medida: aprox. 12 cm de longo
- Cor: combinación de vidro de cor + transparente
- Coidados: apta para microondas e lavalouza
Cada peza pode ter pequenas variacións… porque a maxia de verdade nunca sae exactamente igual dúas veces. 💫🥄
Ei, Amigha! 🌟
Coida a túa xoia como un tesouro: evita os golpes bruscos e límpaa con coidado cunha toalliña suave. Así brillará sempre!✨
