Pendente Orballa
Hai algo máxico nas pequenas cousas, verdade?
Estes pendentes están inspirados no suave orballo: esas pingas diminutas que se pousan sobre as flores nos días frescos e tranquilos de Galicia. 🌿
Máis ca simples complementos, estes pendentes contan unha historia e invítante a levar contigo un anaquiño de calma e morriña galega. 💜
Detalliños:
Vidro de Borosilicato soprado a man – cada par é único
Toque lila que achega luz e sutileza
Aro groso de aceiro inoxidable
Feito a man en Barcelona, co corazón na Galiza
Peso del Aro: 11g
Peso del colgante: 10-11g
Peso Total: 21-22g
🎀 Perfectos para combinar co colar Orballa, o anel Saraibas… ou levalos sós cun toque especial.
Ei, Amigha! 🌟
Coida a túa xoia como un tesouro: evita os golpes bruscos e límpaa con coidado cunha toalliña suave. Así brillará sempre!✨